As persoas usuarias do sitio entradasvilalba.es comprométense a navegar pola páxina web e a utilizar o seu contido de boa fe.
En cumprimento do establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informámolo de que a cubrición de calquera formulario existente no sitio web entradasvilalba.es ou a remisión dun correo electrónico a calquera das nosas caixas de correo implica a aceptación desta política de privacidade, así como a autorización ao Concello de Vilalba para que trate os datos persoais que nos facilite, que serán incorporados ao ficheiro, titularidade do Concello de Vilalba, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.
Os datos da clientela e das persoas serán utilizados para o envío a través de correo electrónico das entradas adquiridas no sitio web entradasvilalba.es, e para o seu almacenamento nos espazos privados do perfil da propia persoa usuaria.
Para a mera visita ao web as persoas usuarias non deberán facilitan información persoal ningunha nin quedan obrigadas a facilitala.
O Concello de Vilalba comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a utilizala unicamente para os fins indicados.
O Concello de Vilalba presupón que os datos fo ron introducidos polo súa persoa titular ou por persoa autorizada por esta, así como que son correctos e exactos.
Correspóndelle á clientela a actualización dos seus propios datos. En calquera momento, a clientela terá o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a todos os seus datos persoais incluídos nos distintos formularios de alta. Para modificar ou actualizar os seus datos persoais, o cliente ou a clienta deberá acceder ao seu espazo privado habilitado no web entradasvilalba.es. Para cancelar a súa conta, deberá escribir un correo electrónico á conta de correo [email protected] co asunto "Cancelar conta de usuario de entradasvilalba.es"
Polo tanto, o cliente ou a clienta é responsable da veracidade dos datos, e o Concello de Vilalba non será responsable da inexactitude nos datos persoais da clientela. De conformidade coa lexislación vixente en materia de protección de datos, o Concello de Vilalba adoptará os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados pola clientela e, ademais, instalou todos os medios e medidas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e extracción destes.