CONDICIÓNS XERAIS DE USO E VENDA DE ENTRADAS

Información xeral

Estas condicións xerais de uso e venda de entradas regulan o uso do sitio web entradasvilalba.es (en diante "entradasvilalba.es") da que o Concello de Vilaba, con CIF P2706500B e domicilio na Plaza de la Constitucion 1, 27800 Vilalba – Lugo, é titular e propietario único.

A través do sitio entradasvilalba.es, o Concello de Vilalba proporciona información acerca das actividades que programa e organiza o Concello, e ofrece a posibilidade de comprar online as entradas correspondentes para acceder aos espectáculos.

Rexistro de usuarios

Para a correcta tramitación das compras a través de entradasvilalba.es, hai que rexistrarse como "usuario", completando o formulario de rexistro e seguindo os pasos que o Concello establece para tal fin. A condición de persoa usuaria supón a aceptación das condicións xerais de uso e venda de entradas aquí publicadas.

O contido recollido no espazo entradasvilalba.es diríxese exclusivamente a un público maior de idade, independentemente de que se proporcione información e se comercialicen entradas de eventos orientados a un público menor de idade. Polo tanto, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade no acceso de menores de idade aos contidos incluídos en entradasvilalba.es. Será responsabilidade do seu pai ou da súa nai ou titores ou titoras exercer un control axeitado sobre a actividade dos seus fillos e fillas ou menores ao seu cargo.

Compra de entradas

O sitio web entradasvilalba.es informa ás persoas usuarias do número de entradas dispoñibles para cada evento, segundo as existencias dispoñibles no momento da compra.

O Concello resérvase o dereito de establecer o tempo no que as entradas estarán dispoñibles para a súa venda no sitio web entradasvilalba.es. De acordo con isto, a venda online suspenderase tres horas antes da hora de inicio de cada espectáculo. As entradas sobrantes, se as houbese, poranse á venda ao mesmo prezo no despacho de billetes do Auditorio ou nos lugares alternativos que se indiquen.

Na compra online, o cliente ou clienta deberá aboar o importe correspondente á súa compra mediante pagamento a través de tarxeta de crédito ou débito (Visa, Mastercard e/ou outras tarxetas análogas) baseándose no sistema de TPV establecido no sitio entradasvilalba.es.

Unha vez formalizada a compra, mediante a aceptación das condicións xerais de uso e a confirmación do proceso de pagamento, o Concello enviaralle un correo electrónico ao cliente ou clienta que conterá a totalidade das entradas adquiridas e as indicacións necesarias para o cambio destas. Ademais, as entradas estarán a disposición do cliente ou da clienta no seu espazo privado do web.

Seguridade

O Concello contará coas medidas de seguridade comercialmente dispoñibles, e razoablemente esixibles, no sector, garantizando:

  1. Que a clientela ou a persoa usuaria está comunicándolle os seus datos ao servidor do Concello e non a calquera outro que intentase facerse pasar por esta.
  2. Que entre a clientela ou persoa usuaria e o servidor do Concello os datos se transmiten cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiras persoas.

O Concello velará, na medida do razoablemente posible, polo correcto funcionamento de entradasvilalba.es, a corrección do seu contido e a veracidade do publicado nel. Non obstante, o Concello non se responsabiliza do posible mal uso que clientes, clientas ou persoas usuarias poidan facer do contido publicado.

Co fin de manter o anteriormente exposto, o Concello velará pola seguridade informática dos soportes técnicos postos a disposición da clientela e das persoas usuarias na súa navegación polo espazo web de entradasvilaba.es. Non obstante, o Concello non pode garantir a ausencia de erros técnicos, virus ou outros elementos lesivos, introducidos por terceiras persoas, que puidesen causar danos ou alteracións no sistema informático. Polo tanto, o Concello non responderá polos danos e perdas que tales elementos lle puidesen ocasionar á clientela ou ao persoal usuario.

De igual modo, e a causa da natureza do anteriormente exposto, o Concello resérvase o dereito a proceder á interrupción temporal dos servizos ofertados en entradasvilaba.es co obxecto de proceder a solucionar as incidencias anteriormente descritas ou por calquera outro motivo que considere oportuno. Así mesmo, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que puidesen producirse a clientela ou a persoas a causa deste feito.

Comunicación de incidencias

Calquera incidencia vinculada co uso e funcionamento do web de venda de entradas deberá notificarse mediante correo electrónico a [email protected], indicando no asunto "Notificación servizo entradasvilalba.es"; unha vez recibido o aviso, o xestor da plataforma de venda de entradas porase en contacto coa persoa usuaria a través do medio que indique esta. Na comunicación da incidencia debe achegar datos como nome e apelidos, correo electrónico de contacto e teléfono, ademais de relatar a incidencia.

Política de devolucións

Non está autorizada a devolución do importe de entradas previamente adquiridas. A imposibilidade de asistir a un evento ou espectáculo, ou a comisión dun erro ao realizar a adquisición de entradas non son motivos que xustifiquen a súa devolución.

A persoa usuaria non poderá exercitar o dereito de desistencia nin de resolución, de acordo coa normativa vixente en materia de consumo e de ordenación do comercio de venda polo miúdo.

En caso de cancelación dun espectáculo, a devolución efectuarase dentro do prazo de trinta días desde a data da comunicación pública da suspensión do espectáculo.

a) - Para as entradas mercadas online, a devolución do importe executarase automaticamente á tarxeta bancaria coa que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra.

b) - Para as entradas mercadas en taquilla, o usuario debe dirixirse ao punto de compra e presentar a seguinte documentación:

  • (compra online) Número de orde de compra efectuada na aplicación.
  • (compra online) Correo electrónico co que ha efectuado a compra.
  • (compra online) Rellenar o formulario de devolución.
  • (compra na taquilla) Entregar as entradas compradas.

Unha vez realizados estes pasos recibirá o importe aboado.

En caso de cambio de data dun espectáculo, o usuario que non poida ou desexe asistir na nova data, poderá solicitar a devolución do importe das entradas, que serán debidamente anuladas e postas de novo á venda.

a) Para as entradas mercadas online, a devolución do importe realizarase na tarxeta bancaria coa que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra. Os pasos que hai que seguir para solicitar este reintegro son os seguintes:

Solicitar por correo electrónico a devolución do importe correspondente ao número de entradas que se queiran devolver. Debe dirixilo a [email protected] e indicar no asunto SOLICITUDE DEVOLUCIÓN ENTRADAS DO ESPECTÁCULO (título correspondente).

Os datos que debe facilitar para poder realizar o reintegro son os que aparecen na confirmación de compra da/s entrada/s:

  • Espectáculo
  • Lugar
  • Data
  • Sesión
  • Numerada
  • ID Entrada Zona Fila Butaca Descuento Prezo
  • Orde de compra
  • Referencia

As entradas devoltas serán anuladas e postas á venda de novo.

b) Para as entradas mercadas en taquilla, o usuario debe dirixirse ao punto de compra e seguir os seguintes pasos:

  • Acudir a taquilla durante o horario de apertura correspondente
  • Cubrir un formulario solicitando a devolución do importe
  • Entregar a/s entrada/s na taquilla

Unha vez realizados estes pasos recibirá o importe aboado.

Lexislación aplicable e modificación das condicións xerais

Estas condicións xerais foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, na Lei 7/1998 sobre condicións xerais de contratación, no Real decreto 1906/1999 polo que se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, na Lei 26/1984 xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, e na Lei 7/1996 de ordenación do comercio de venda polo miúdo, e cantas disposicións legais resulten de aplicación.

O Concello resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do sitio entradasvilalba.es, así como estas condicións xerais de uso e venda de entradas. Por iso, o Concello recoméndalles á clientela e á persoa usuaria a súa consulta cada vez que acceda ao sitio web entradasvilalba.es.

A clientela e as persoas usuarias sempre disporán destas condicións xerais de uso e venda de entradas nun sitio visible, libremente accesible para cantas consultas queiran realizar. En calquera caso, a súa aceptación será un paso previo e indispensable na adquisición de calquera localidade dispoñible a través de entradasvilalba.es.

Se calquera cláusula incluída nestas condicións xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz, e subsistirán as condicións xerais en todo o demais, e terase tal disposición, ou a parte desta que resultase afectada, por non posta.