Teatro
O MOZO DA ÚLTIMA FILA
- Lugar Auditorio Carmen Estévez (ver mapa)
- Duración 100 minutos
- Numerada Si
Claudio é un estudante de secundaria que senta na última fila. Non
fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en
Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o
profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a
fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en
alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por
entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o
mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para
quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o
da literatura._
Unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar
historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da
creación artística. Dirixida por Alex Sampayo e cun reparto de luxo,
este texto gañador do Premio Max foi escollido en 2018 dentro de plans
de fomento á lectura en institutos de secundaria.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso