O Furancho

Teatro

O Furancho

Ibuprofeno teatro

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si

Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos

a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto

hostil no que vivimos.

• Categoría:En cartel, Comedia, Contemporáneo, Familiar

• Duración:80'

• Autoría:Santiago Cortegoso

• Dirección:Santiago Cortegoso

• Premios:Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premio María Casares 2016 ao

Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco)

 

• Sinopse

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo

de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da

comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de

Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha

parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das

cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen

química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

Ficha artística

• Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO

• Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO

• Movemento escénico: CARMELA BUENO

• Deseño de iluminación: SALVADOR DEL RÍO

• Imaxe: DIEGO SEIXO

• Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE

• Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)

• Zocos: ELENA FERRO

• Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE

• Deseño de son: QUITO

• Música: RADIO COS

• Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN

• Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E O CDG

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!