Teatro
Iribarne
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 180 minutos
- Numerada Si
IRIBARNE_ é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si:
o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do
cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un
aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera-
tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve
triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o
bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a
Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro
galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O
Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que
tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado
dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato
real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír
ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición.
Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
_IRIBARNE_ é unha investigación escénica sobre unha desas figuras
absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento
(irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun
político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen
condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un
_biopic_ sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non
collía nunha soa obra!
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso