Teatro
Formigas no peto
Itaca teatro
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 88 minutos
- Numerada Si
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba, organiza a representación da obra “FORMIGAS NO PETO”, dirixida por JOSÉ CAMPANARI e interpretada por CARLOS REBOLO, a cargo do grupo ÍTACA TEATRO, dentro do CIRCUITO DE TEATRO PROFESIONAL convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presenteano 2024.
A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o SÁBADO 19DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO.
SINOPSE
FORMIGAS NO PETO
Teatro contemporáneo. Público mozo e adulto. 80 min. Carlos, Carliños, Capi... conta, sinte, viaxa por momentos a lugares da súa infancia, que é, nin máis nin menos, a súa patria. As súas lembranzas parecen mesturadas con personaxes do cotián, que aporta noutra mirada a súa historia, e con imaxes icónicas do cine ou da literatura, que evocan soños e pesadelos, os cales poderían ser unha metáfora da súa propia vida. Estes fragmentos de memoria viaxan no lombo das formigas que se agochan no seu p e t o e que, de cando en vez, ransitan o corpo na procura de emocións.
"Formigas no peto" mergúllanos na infancia, como cerne do noso ser, a través da memoria do protagonista, unha memoria que en parte poderia ser a nosa, porque nela danse a man o individual e o colectivo, o que nos fai únicos e o que nos vencella cos demais.
Autores: Ana Carreira e José Campanari. Dirección: José Campanari. Elenco: Carlos Rebolo.
Ítaca teatro nace a finais de 2018, fundada por un grupo de apaixonados artistas e, dende aquela, leva estreadas catro propostas moi diferentes: "Cinco Minutos sen respirar", “Formigas no peto”, "Anacos" e "Alma de grilo". A viaxe desta compañía está marcada pola exploración constante e aprocura do seu aceno de identidade única no panorama teatral. Esa procura é o fío condutor da traxectoria da compañía. A viaxe implica a experimentación con distintos estilos, xéneros e formas teatrais, co obxectivo de descubrir aquelo que os distingue e conecta de maneira única coa súa audiencia. Os seus espectáculos van dende o drama contemporáneo ata o teatro literario con música e n directo, pasando pola narración oral e mesmo a fusión de códigos. Este eclecticismo reflicte o seu compromiso de ofrecer ao público unha experiencia teatral rica e variada, mantendo sempre un ollo atento á evolución da artes escénicas. Itaca abraza a idea de que cada produción é unha oportunidade para redescubrirse e redefinirse. A experimentación continúa sendo unha constante, guiando á compañía cara a novas formas de expresión e ao descubrimento da súa propia voz.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso