ENCICLOPEDIA ÁLVAREZ

Teatro

ENCICLOPEDIA ÁLVAREZ

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si

Unha montaxe do grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao

“Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola franquista. Os problemas de matemáticas aos que “lles faltan datos” ou están “mal planteados”, as preguntas de catecismo que se contestan de determinada maneira “porque lo pone el libro”, as clases de ximnasia impartidas por mutilados de guerra, as de “hogar” para as nenas a cargo de mulleres da Sección Femenina ou a visita do inspector da Falange, entre outras, poñen sobre o escenario algunhas das incoherencias máis notorias daquel sistema. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza. “Enciclopedia Álvarez” é unha invitación ao sorriso. Sobre todo porque nos fala dun pasado “aparentemente” afastado da nosa realidade actual. Os que nos rimos lembrando episodios da nosa infancia na escola do franquismo tamén sentimos un calafrío cando pensamos naqueles tempos. “Menos mal que os tempos moito cambiaron!!! ... Ou non cambiaron tanto?

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!