Compañía de teatro Down LUGO. "21/3"

Teatro

Compañía de teatro Down LUGO. "21/3"

Circuito teatro afeccionado 2014

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 50 minutos
  • Numerada Si

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través dos CIRCUÍTOS DE TEATRO AFECCIONADO, organiza a representación teatral da obra 21/3, a cargo do GRUPO DE TEATRO DOWN, de Lugo. Este acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 30 de novembro de 2024, ás 19:00 horas.

SINOPSE: 21/3

Cando pecho os ollos podo ver a miña vida por retazos, podo compoñer un vestido cosendo todos eses retazos, anédotas, a primeira vez que vin o mar, o meu primeiro bico, as cousas que me fixeron feliz e as cousas que non me fan nin m e fixeron tan feliz...."

21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as suas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo? Os textos creados no taller de teatro son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 21. As imaxes, as atmósferas e os corpos son primordiais na posta en escena. Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma.

GRUPO TEATRO DOWN (LUGO)

Este grupo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contaba con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. 

Na actualidade está formado por 16 actrices e actores afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 55 anos. Ao longo da súa traxectoria, o Grupo de teatro Down Lugo representou obras como “Eu respecto as normas, e ti?”, “A viaxe da vida”, “Down Up”, “Sono dun día”, “O circo dos doce puntos”, “Amor”, “Montaxe de terror”, “Gritos”, “O clube da comedia viaria”, “O bar da esquina”, “Televisión”, “Dimes e diretes”, “Conto de Nadal”, “Ti te me deixas querer”, “Ó redor dunha camilla”, “Soños”, “Performance Soño” e “Soño dunha noite de verán”.

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!