
Teatro
Almas de gloria
Avelaiña teatro
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 90 minutos
- Numerada Si
Avelaíña Teatro presenta o novo espectáculo “Almas na Gloria”. Con él
quere sumarse á merecida homenaxe que este ano Galiza enteira lle
tributa ao don Francisco Fernández del Riego, a quen lle dedica a Festa
das Letras Galegas.
É un relato de “memoria histórica” no que se presentan os episodios, que
aconteceron entre os anos trinta e setenta do século pasado, nos que Don
Paco tivo un protagonismo relevante.
Nesa longa noite de pedra, azoutada polo furacán do terror, un grupo de
intelectuais galeguistas teñen conciencia da situación de caídos, mais
non se resignan a fatalidade do destino fascista senón que, na
clandestinidade, buscan estratexias para reincorporarse e restaurar a
lexitimidade republicana.
Os diálogos tómanse, no sentido etimolóxico da palabra, como a procura,
mediante o intercambio de argumentacións, do camiño máis razoable para
saír da escuridade e dos seus monstros.
O xenial Antonio Simón, que goza dun talento especial para a dirección,
escenografía e iluminación, presenta un espectáculo asombroso. Os
personaxes da longa noite, viventes na memoria, móvense nun escenario
onírico de cemiterio, no que alternan entre o lusco da conciencia de
onde emerxen á luz como protagonistas da escena e o fusco do
inconsciente no que se somerxen como sombras en movemento ou como bustos
chantados agardando o tempo de metamorfosearse no novo personaxe da nova
secuencia. Nese xogo de lusco e fusco, de aparecer como personaxe e de
esmorecer nas sombras, van aflorando á memoria os episodios vividos nos
anos de hisopos e pistolas.
O soño, irmán da morte, como linguaxe plástica e lugar de encontro, xera
a situación na que a dinámica da conciencia posibilita ese xogo entre a
memoria e a fantasía e dota a totalidade de significado.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso