A conquista da escola de Madhubai

Teatro

A conquista da escola de Madhubai

Teatro do Atlántico

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si

Sakundeva, bandida, perseguida pola policía e o exercito, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía.

Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta.

Sen tempo para que ela puidese reflexionar, aproxímase xa ao lugar un Ministro do Goberno, que fora o provocador da disxuntiva e que ven demandar unha resposta. 

 

Ficha Técnica

  • Autora: Hélène Cixous
  • Tradución: Purificación Cabido
  • Espazo sonoro e composición musical Vadim Yukhhnevich
  • Espazo escénico: Antonio F. Simón
  • Vestiario: Susa Porto
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
  • Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen
  • Técnicos de Escena: RTA
  • Axudante de Dirección: Aleixandre Lago
  • Intérpretes: MARÍA BARCALA / SHEYLA FARIÑA / CÉSAR GOLDI
  • Dirección: XÚLIO LAGO

 

A Compañía

Teatro do Atlántico, (Culleredo-A Coruña), constitúese no ano l985. Levarealizadas ata o momento 33 producións, entre as que podemos subliñar “Xoana”, de Manuel Lourenzo, “Casa de Bonecas”, de Henrik Ibsen, “A noite dasTríbades”de Olov Enquist, “Amor de don Perlimplín con Belisa no Xardín”, de Garcia Lorca, “Solo para Paquita”,de Ernesto Caballero, “O cerco de Leningrado”, de Sanchis Sinisterra, “Vanzetti”, de Luís Araújo, “Unha primavera para Aldara”,de Teresa Moure, “O encoro”, de Conor McPherson, “A raíña da beleza de Leenane”, de Martín McDonaghh , “Memoria de Helena e María”, de Roberto Salgueiro, “A charca inútil”, de David Desola ou “O principio de Arquímedes”, de J.Miró i Coromina . “Helena: Xuízo a unha lurpia”, de Miguel del Arco, e “Dúas donas que bailan” de Benet i Jornet, os seus últimos traballos, permanecen en distribución.

As súas producións son representadas por toda Galicia e teñen realizado xiras por case todas as autonomías do Estado español, con participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro, como o Iberoamericano de Cádiz , o FITEI, de Porto, o FIOT de Carballo, o MITEU de Ourense, o Latinoamericano de Córdoba (Arxentina), o Internacional de Caracas (Venezuela), a MIT de Ribadavia, o FESTEIXO, de Viana do Castelo, a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Festival de Teatro de Cee, Mostra de Cariño, ou Muestra de Teatro de las Autonomías “Villa de Madrid”, sendo presentados osespectáculos sempre en Lingua galega.

Ao longo destes anos os diferentes espectáculos levados a escena por Teatro do Atlántico acadaron un total de 76 Nominacións e 33 PREMIOS DE TEATRO: María Barcala, Casilda García, Susana Dans, María Bouzas e Gonzalo Martin Uriarte recibiron importantes premios de Interpretación en papel Protagonista por traballos realizados coa Compañía, premiada tamén varias veces nos apartados de Dirección (Xúlio Lago), Escenografia (Antonio F.Simón, Carlos Alonso), Actor Secundario (Toño Casais) ou Mellor Espectáculo: (“Unha primavera para Aldara”, “A raíña da beleza de Leenane”, “A noite das Tríbades”, “O Encoro” e “O principio de Arquímedes”).

No 2016, Teatro do Atlántico recibe o Premio da Crítica de Galicia, no apartado de Artes Escénicas. 

 

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!