
Outros
VII Premio Agustín Fernández Paz
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 90 minutos
- Numerada Si
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade ao escritor gañador, PABLO NOGUEIRA, polo seu libro RINLO. HISTORIAS DUN COELLO FEDELLO
O referido acto será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e PABLO NOGUEIRA, gañador do VI Premio Agustín Fernández Paz.
Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra, coa imaxe…
Para elo, contaremos coa participación de:
LAMBE LAMBE: “A fala das do Miño” e Caroi
CORREDORES DE SOMBRA: “Muda” ( versión do tema, Todo Cambia)
ESCOLA DE MOVEMENTO: ”Mirádenos”, de Elvira Sastre e anacos de musica de diferentes temas de Beyonce
ALUMNADO DO IES BASANTA SILVA:
- “Mazás do xardín de Tolstoi” de Yolanda Castaño, con Icía Saavedra e As Mouchas
- “S/T 1.2”, a cargo de OUTRO, colectivo artístico
BMV ENSEMBLE: Interpretan unha selección musical de “Les Miserables” en arranxo de Johnnie Vinson. Rematan co Himno Galego
Na linguaxe de signos contaremos coa Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).
Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.
A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso