POR XELA ARIAS

Outros

POR XELA ARIAS

Música (A Banda da loba), Poesía (Tamara Andrés) e Fotografía (Xulio Gil)

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez (ver mapa)
  • Duración 60 minutos
  • Numerada Si

Espectáculo multidisciplinar adicado a Xela Arias, escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

Nel todo xirará en torno a obra de Xela, con tres disciplinas artísticas: Música, poesía e fotografìa. Un evento con nove mulleres no escenario, 5 músicas da Banda da Loba e 4 poetas actuais galegas, cos retratos de Xela Arias de fondo, (retratos todos eles feitos por Xulio Xil, viúvo da homenaxeada), moitos deles do libro Tigres coma Cabalos.

 

POESÍA

Comisionado por Tamara Andrés, tradutora e poeta galega especializada en Xela Arias, natural do concello de Poio.

 

MÚSICA

A parte musical corre a cargo da BANDA DA LOBA. Formación musical galega, composta por cinco mulleres asentadas no concello da Estrada, que están revolucionando a musica galega coa súa mestura de música e literatura. Os poemas musicados pola banda pertencen aos catro poemarios publicados por Xela Arias: Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003).

 

FOTOGRAFÍA

Imaxes de Xela de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada, Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria. Imaxes en branco e negro da homenaxeada moitas delas inéditas

Prezo:
  • Precio A: 3,00 €
  • Precio B: 3,00 €
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!