
Música
Uxía presenta Rosalía Pequeniña
A gran dama da música galega trae unha adaptación da poesía de Rosalía de Castro
- Lugar Auditorio Carmen Estévez FAMILIAR (ver mapa)
- Duración 60 minutos
- Numerada Si
Uxía, considerada a grande dama da música galega, trae unha adaptación da poesía de Rosalía de Castro para os máis novos. Como unha das maiores divulgadoras da poesía galega, nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás (a forma de música tradicional galega máis antiga e característica) con morna, fado e ritmos brasileiros.
O seu último disco, UXIA-O, adicado ao poeta lucense Uxío Novoneyra, foi o gañador a Mellor álbum en galego nos Premios MIN 2018 da Música Independiente de España e tamén de tres Premios Opinión de Música de raíz 2018 a Mellor disco, Mellor tema orixinal ("Fiandeira") e Mellor artista.
Presentaron o disco en lugares como Valencia (Festival Etnomusic 2019), Colorado, EE. UU. (Wright Opera House), Viena (Sargfabrik), Daegu, Corea do Sur (Suseong World Music Festival), Seúl, Corea do Sur (Sejong Festival), Tokio (Instituto Cervantes), Niteroi (Rio de Janeiro), Lorient (Festival Interceltique de Lorient), Burdeos (Le Rocher de Palmer) ou Manresa (Fira Mediterrània), e en Galicia en Coruña (Teatro Colón), Lugo (Vello cárcere) ou as festas de Mugardos, Ponteareas ou Ribadumia.
Prezo:
- Precio A: 3,00 €
- Precio B: 3,00 €
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso