
Música
Trio Preseli
"Do Mar e a Noite"
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 70 minutos
- Numerada Si
Programa (sen descanso):
Anthony Randall (n. 1930)
Do not go gentle into that good night (2000)
Fernando Buide (n. 1980)
Nao de sangue (2023)
Anthony Randall
Three poems (2010)
I. Let me not see old age
II. A joy too deep for words to say
III. Your peace is bought with mine
Notas ao programa:
O Trío Preseli naceu coa misión de promover a música para unha formación
de cámara tan pouco habitual como é a composta por soprano, trompa e
piano, e tender pontes entre as culturas galega e galesa, tanto a través da
interpretación de obras do repertorio tradicional como da inspiración de
pezas de nova creación.
Formado pola soprano María Hinojosa Montenegro, o pianista Daniel
Pereira e o trompista Simon Lewis, estes músicos son solistas e especialistas
nos repertorios de música de cámara e orquestra, e xuntos acaban de gravar,
precisamente neste Auditorio Carmen Estévez, un cd coas pezas que se
escoitarán no concerto de hoxe.
O Trío Preseli realizou a estrea absoluta en España das dúas pezas do
compositor galés Anthony Randall incluidas no programa desta tarde, así
como a estrea mundial de Nao de sangue de Fernando Buide, nas Xornadas
de Música Contemporánea 2023 do Auditorio de Galicia en Santiago de
Compostela o pasado mes de xuño.
O compositor galés Anthony Randall, cuxo traballo aportou obras de gran
beleza e sentimento ao repertorio desta agrupación, compuxo Do Not Go
Gentle Into That Good Night sobre o poema homónimo de Dylan Thomas,
que é unha obra mestra da lingua inglesa, traducida a varios idiomas e
coñecida mundialmente, e está inspirada na morte do seu pai. Nao de sangue
é un encargo do Trío Preseli ao compositor compostelán Fernando Buide
sobre un texto do polifacético Valentín Paz Andrade, e que foi escrita nos
primeiros meses deste ano. Por último, Three Poems, tamén de Anthony
Randall, están compostos sobre versos de Geraint Jones, é unha obra rodeada
de traxedia con sobrecolledores poemas de perda e anhelo escritos meses
antes da prematura morte do escritor en Normandía.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso