SES

Música

SES

Concerto

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 60 minutos
  • Numerada Si

SÉS é unha cantautora coruñesa de traxectoria ascendente e imparable que trala súa irrupción no mercado no ano 2011 está considerada pola prensa como “a revolución da escea musical galega”.

 

Se algo podemos destacar de SÉS é a súa enorme carisma e forza persoal, xa de sobra demostrada en centos de concertos en moi diferentes escenarios, vila tras vila e cidade tras cidade.

 

Pouco a pouco e gracias á transmisión boca-orella, a súa intensa  personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que clama pola unión no cuestionamento do establecido.

 

O estilo de SÉS mistura coas doses exactas os ingredientes desa fórmula máxica que consiguen un resultado orixinal e xenuino: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reinvindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.

 

O seu discurso valiente, novedoso, contundente e directo fan da figura de SÉS a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquelo no que sería ideal crer. SÉS é unha traballadora incansable que editou oito discos en once anos, e que a levou a percorrer escenarios de todo o mundo.

 

‘Diante un eco’ é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

 

‘Diante un eco’ é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

Prezo:
  • Precio A: 10,00 €
  • Precio B: 10,00 €
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!