LÉVAME A IDEA

Música

LÉVAME A IDEA

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 100 minutos
  • Numerada Si

Un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música de tradición oral galega

“Lévame a idea” é un recoñecemento profundo e necesario ás mulleres, auténticas protagonistas na creación, recuperación e divulgación da música de tradición oral e a poesía popular galega.

Esta peza documental reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva. A transmisión oral das letras e músicas que nos vertebran como pobo está presente nas achegas que saen de distintos eidos vencellados ao mundo do tradicional.

A través das súas voces e vivencias, coñecemos a Teresa dos Cucos, veciña de Pontella e informante de varias das tonadas máis coñecidas e versionadas na música actual; Baselisa Romay, fiel compañeira de canto de Teresa e tocadora de pandeireta; Carme de Tines, memoria viva do noso patrimonio inmaterial: a eira da casa onde reside alberga na súa memoria os seráns do lugar de Seaia; Felisa Segade, unha das mestras e artistas máis recoñecidas, piar das históricas Leilía e vocalista do grupo Tres pesos; Sés (María Xosé Silvar),cantautora galega coñecida polo seu estilo único, que bebe tamén de fontes tradicionais cunha forte identidade galega e con letras comprometidas e reivindicativas no que atinxe á lingua, á igualdade e á xustiza social; Mercedes Peón, pioneira na divulgación do canto e a pandeireta, multiinstrumentista con traxectoria internacional e parte fundamental da asociación Somos Pandeireteiras; Xulia Feixóo, etnomusicóloga centrada no estudo e transmisión das músicas de tradición oral, percusionista no Cuarteto Caramuxo e na orquestra folk SondeSeu, coautora do libro Mulleres de Gargamala e autora de Maruxa das Cortellas e Concha do Canizo; Beatriz Busto, mestra e etnomusicóloga, especializada no NO-DO franquista e autora do libro Pandeireteiras de Mens, grupo homenaxeado nas Letras Galegas 2025; Branca Villares, música, mestra e divulgadora cultural, colaboradora no disco que Richi Casás lle dedicou á súa avoa Rosa Casás, referenciada tamén nas Letras Galegas xunto coa súa tía Adolfina; Felicidad Casás, neta de Rosa Casás; Lupe Blanco, pandeireteira e mestra das regueifas de Bergantiños, na actualidade imparte obradoiros en escolas de regueifa e en centros educativos; Isabel Vigo, do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego, onde se recollen todas as gravacións que Dorothé Schubarth realizou no seu traballo de campo e os cancioneiros onde as documentou; Lola López e Isolina Rodríguez, fundadoras da Asociación O Teixeiro e impulsoras da Festa da Pandeira no Piornedo; Malvela, un dos grupos que abriu camiño coa gravación de catro discos, evidenciando que a música non entende de idades; Xiana Lastra, vocalista da Banda da Loba e mestra de galego na Educación Secundaria Obrigatoria; Andrea, Alejandra, María e Mariana Montero, referentes da música actual de percusión tradicional no grupo Lilaina, e tamén en proxectos compartidos con Baiuca e Aliboria, levando a música popular galega ata escenarios coma o do Wizink

Center; Eva Fernández, membro do grupo de pandeireteiras Ferriñas Bravas e creadora da revista de cultura tradicional Rebelico; e Julia Marín, artesá de instrumentos populares que atopou o seu oco nun sector aínda hoxe moi masculinizado.

Todas estas mulleres realizan un percorrido que abrangue desde a transmisión oral dos versos cantados ata a investigación, custodia e divulgación deste tesouro cultural nos eidos académico, artístico e comunitario. Elas fían unha historia colectiva de resistencia, creatividade e amor polas raíces. As mulleres que nos aprenderon o mundo cantando, cultura viva cun marcado carácter de pasado, presente e futuro.

Lévame a idea é un documental producido por Navíos e Folerpas e dirixido por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso.

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:
  • 15 de mar. de 2025 19:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!