Gala lírica -Borja Quiza e Daniel Muñoz

Música

Gala lírica -Borja Quiza e Daniel Muñoz

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si

O 14 de abril no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba teremos a oportunidade de disfrutar das voces de dous cantantes fantásticos: o barítono Borja Quiza, cunha dilatada carreira internacional e recén chegado de actuar no Teatro Real de Madrid; e o seu mestre, o tenor Daniel Muñoz, que tras unha extensa carreira en teatros de todo o mundo adícase actualmente á formación de cantantes en Barcelona. Será a primeira vez que ambos artistas compartan escenario con orquestra.

Con motivo deste importante encontro, Borja Quiza escríbenos estas liñas:

“Este concerto é moi especial por varias razóns. Por unha banda o programa, que inclúe fundamentalmente obras novas para min. Esta elección responde ao desenvolvemento da miña voz nos últimos anos, que aumentou en volume e intensificouse na cor e no dramatismo. Isto achégame indefectiblemente ao repertorio verdián e verista, que ocupará gran parte da miña axenda non vindeiros anos, ademais de conectar especialmente co meu lado máis emocional. Outro aliciente é poder compartir escenario coa persoa que máis ten influido na miña formación vocal e na solidez da miña técnica, Daniel Muñoz, un magnífico mestre e tenor cunha extensa carreira internacional. Sen dúbida será un fito na miña vida poder cantar con el, dirixidos polo meu amigo e fantástico director Fernando Briones, e acompañados pola Orquesta Gaos, formación que vin nacer, crecer e converterse nun dos proxectos orquestrais privados de maior nivel do noso país”.

¡Viva Verdi!

Prezo:
  • Precio A: 3,00 €
  • Precio B: 3,00 €
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!