Música
Día das Artes Galegas 2023. Martín Codax
Concerto
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 60 minutos
- Numerada Si
O vindeiro xoves 15 de xuño terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (Rúa das Pedreiras, 5. Vilalba -Lugo-) o segundo concerto dedicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023, “Día das Artes Galegas 2023 Martín Codax” no que a soprano Clara Jelihovschi Panas e a pianista Margarita Viso Soto interpretarán as “Cantigas de Martín Codax”; “Soedades” de Marcial do Adalid a partir dun texto popular; “As lixeiras anduriñas” de Juan Montes, con texto de Salvador Golpe; “Cantiga” de José Castro Chané, con texto de Curros Enríquez e “Mayo longo” de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro. O acto, así mesmo, contará coa introdución “Martin Códax, a identidade da música galega” a cargo do Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán.
O recital, que continuará por diferentes vilas galegas, conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Vilalba e forma parte dos actos de celebración do “Día das Artes Galegas 2023” dedicado nesta edición á figura de Martín Codax, primeiro autor galego do que se conserva texto e música, presente a través de trazos identitarios do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso