"Cores, Contos e Rock'n'Roll coa Ramona pequena"

Música

"Cores, Contos e Rock'n'Roll coa Ramona pequena"

Laura Romero e Pakolas

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 50 minutos
  • Numerada Si

"Cores, Contos e Rock'n'Roll coa Ramona pequena" chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos. 

Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación das súas historias e personaxes. Laura Romero é a encargada de darlle vida a todas as súas personaxes, que atoparedes nos seus libros, a través das imaxes e debuxos cheos de colorido. 

Pakolas e Laura preséntannos o seu próximo librodisco, que editará a colección Sonárbore na Editorial Galaxia no 2023, "A Ramona Pequena vai á lúa", unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita "Ramona Órbita, a dona do tempo", e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia. Contamos, cantamos e debuxamos a historia da Ramona pequena. Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe. 

Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniñes. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Veme, "A volta ao mundo en 80 días", "20 mil leguas de viaxe submarino", "Viaxe ao centro da terra" e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, "Da terra á lúa", que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería mais grande que o Sol? 

Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo espectáculo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade 

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:
  • 31 de out. de 2024 19:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!