Música
Cores, Contos e Rock'n'Roll
Laura Romero e Pakolas
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 50 minutos
- Numerada Si
Cores, Contos e Rock'n'Roll coa Ramona pequena" chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.
Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación das súas historias e personaxes. Laura Romero é a encargada de darlle vida a todas as súas personaxes, que atoparedes nos seus libros, a través das imaxes e debuxos cheos de colorido.
Pakolas e Laura preséntannos o seu próximo librodisco, que editará a colección Sonárbore na Editorial Galaxia no 2023, "A Ramona Pequena vai á lúa", unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita "Ramona Órbita, a dona do tempo", e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia. Contamos, cantamos e debuxamos a historia da Ramona pequena. Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe.
Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniñes. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Veme, "A volta ao mundo en 80 días", "20 mil leguas de viaxe submarino", "Viaxe ao centro da terra" e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, "Da terra á lúa", que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galega? Sería mais grande que o Sol?
Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo espectáculo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso