Concerto Os Valuros

Música

Concerto Os Valuros

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do presente mes de xuño, organiza, coa colaboración co Concello de Vilalba un concerto de música tradicional a cargo do grupo OS VALUROS de Castro de Rei, dentro do Programa TRADIGALU convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente ano 2026.
 
TRADIGALU é unha iniciativa da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo de carácter itinerante e integradora dentro do ámbito territorial comarcal provincial, pensada para complementar e/ou espallar a programación cultural de natureza musical ás 13 comarcas da provincia de Lugo, xerando sinerxias para o desenvolvemento económico, para a promoción musico-cultural e para fomentar a integración e o benestar social ao permitir o acceso á cultural musical de toda a cidadanía.
 
Neste programa participan grupos corais, grupos de música tradicional e bandas de música radicadas na provincia de Lugo e cuxas actuacións percorren o territorio das 13 comarcas da Provincia.
 
 
GRUPO OS VALUROS (Castro de Rei)
“Os Valuros naceron no ano 1990 froito da unión dun pequeno grupo de nenas e nenos do concello de Castro de Rei (Lugo) e arredores. Unidos polo seu amor á música tradicional traballaron arreo para converterse en músicos e bailadores; o que supón un papel básico no futuro das tradicións.
Hoxe en día forman un variado grupo de música tradicional onde non faltan gaitas, saxofóns, acordeóns, pandeiretas, percusións e un coro tradicional ademais dos grupos de baile. No seu 25 aniversario publicaron o seu primeiro traballo discográfico ‘Valurias’. Un exemplo claro do papel que xogan as distintas asociacións que ao longo de todo o país transmiten os coñecementos das tradicións ás novas xeracións para que saiban conservalas, respectalas e poñelas en valor.
Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:
  • 27 de xuño de 2026 20:00

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!