O CAMIÑO DE RAMÓN CHAO.

Cine

O CAMIÑO DE RAMÓN CHAO.

Proxección do documental

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 63 minutos
  • Numerada Si

O domingo 1 de setembro de 2024, ás 19:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Asociación Amigos de Prisciliano e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar un acto de HOMENAXE A RAMÓN CHAO coa proxección do documental O CAMIÑO DE RAMÓN CHAO. TRALAS PEGADAS DE PRISCILIANO, do director de Celanova ASER ÁLVAREZ.

No mesmo acto levarase a cabo tamén a presentación do libro co mesmo título, e no que intervirán: IRIA CASTRO, MONCHO PAZ E ASIER ÁLVAREZ.

O Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano.

Están separados no tempo por 1.600 anos pero comparten valores e filosofía de vida. A rebeldía e o inconformismo de dous galegos que traballaro n por unha sociedade máis xusta e igualitaria e que acreditaban que outro mundo era posible. Por unha banda, Prisciliano, o heterodoxo que viviu no século IV e que tan ben sintonizaba co pobo galego, combinando os cultos precristiáns e os saberes druídicos co cristianismo primitivo, denunciando a corrupción da xerarquía eclesiástica. E que precisamente por iso morreu decapitado, acusado de herexía, en Tréveris (Alemaña) no ano 385.

E por outra banda, Ramón Chao, o neno prodixio do piano, xornalista, escritor e intelectual, nado en Vilalba (Lugo) en 1935, infatigable activista cultural e político, que coordinou durante décadas a sección hispana e lusófona de Radio France Internacionale, autor de memorables libros e artigos e creador do premio Juan Rulfo, que morreu en 2018 e cuxas derradeiras teimas foron Prisciliano e o movemento altermundialista.

 

FICHA TÉCNICA.- O CAMIÑO DE RAMÓN CHAO. TRALAS PEGADAS DE PRISCILIANO (2023)

Aser Álvarez

España / 63 min / Documental / Español, galego

Ficha técnica:

Guión: Aser Álvarez, Antoine Chao

Fotografía: Diego L. Curros e A.A.G.

Edición: Diego López Curros

Produción: Aser Álvarez

Aser Álvarez (Celanova). Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo, mestrado de El País e especialista universitario en comunicación audiovisual, traballou en prensa, radio e televisión. Tamén comisariou proxectos expositivos multimedia e editoriais e realizou contidos para televisión e publicidade, cos que obtivo o Mestre Mateo ao Mellor Documental, os premios de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, Xohán Carballeira e o Premio ao Mellor Informativo no I Open Radio do CCCB.

 

Sinopse:

Este proxecto creativo segue o percorrido que realizou coa súa moto o xornalista e escritor Ramón Chao para a elaboración da súa novela Prisciliano de Compostela por diversos lugares de Europa nos anos noventa. Nesta road movie, con banda sonora do seu fillo, Manu Chao, coñecemos os familiares e amigos do autor e descubrimos a mítica figura de Prisciliano, un bispo galaico que morreu decapitado en Tréveris (Alemaña) no século IV por herexe.

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!