“JULIA”

Cine

“JULIA”

Documental de JACOBO LAGÜELA

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 71 minutos
  • Numerada Si

Sinopse

Este filme documenta a extinción e o abandono do rural como o coñecemos ao través dos ollos da súa protagonista. Realiza un percorrido pola vida de Julia e invita aos espectadores a unha viaxe lento entre pasado e presente; no que se pode apreciar o declive do campo español nos últimos 70 anos. Coa esperanza de que o relevo xeracional se cumpla, e de que os bisnetos collan as rendas para garantir un futuro digno para o rural, Julia reivindica o papel da muller, é memoria histórica e unha chamada de atención; se esquecemos de onde vimos, nunca saberemos a onde imos.

A miña avoa Julia sempre foi autosuficiente. Na súa horta, podes atopar calquer tipo de vexetal e froita de tempada e da mellor calidade. No pasado tamén tiña vacas e outros animais pero a día de hoxe só queda un porco, algunhas galiñas e un par de conexos. Toda a familia axudaba nas labores de cultivo e recolección, pero agora a ninguén lle quedan xa nin tempo nin ganas. Ela é a única que se esforza por manter vivo un estilo de vida en vías de extinción e, a pesar de loitar para que as súas fillas tivesen as oportunidades que lle faltaron a ela, sente tristeza cando ve que o relevo xeracional non se vai a producir.

Como casi todas as mulleres da súa xeración, a miña avoa non o tivo fácil: traballou fora e dentro da casa, criou 5 fillas e enfrentouse os ós retos dunha sociedade atravesada pola pobreza. Aínda así, conserva un brillo nos ollos capaz de iluminar a vida de todos os que a rodean. Julia é casa, é a loita dos labregos, é o grito do campo, é a esperanza de salvar as nosas raíces; pero sobre todo representa a universalización da avoa do rural.

 

Ficha técnica

DOCUMENTAL/ GALICIA / ESPAÑA / 2022

Guión e Dirección JACOBO LAGÜELA

Reparto JULIA BARRIO DIAZ

Lugares de Rodaxe GALICIA (ESPAÑA)

Produtora MATE ESTUDIO 

Distribuidora CITYBLUE FILMS 

Jacobo Lagüela é un realizador galego que emigrou con tan só 20 anos de idade. Primeiro a Brasil, onte tivo os seus primeiros contactos co mundo do cine; e posteriormente a Reino Unido, onde a súa paixón por contar historias se traduciu nun traballo de cámara e piloto de dron para importantes canles internacionales como a BBC, National Geographic ou Discovery; e posteriormente como Director e Productor en Off The Fence, productora gañadora dun Oscar ó mellor documental polo filme “Meu Mestre o Polvo”.

Lagüela usa o seu traballo pra voltar ás raíces - e como plataforma para dar voz ás realidades de persoas que tradicionalmente non están representadas nas grandes pantallas - a súa ambición é a de salvar e rexistrar en vídeo estilos e filosofías de vida que están a piques de desaparecer.

 

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO.

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!