Cine
CHICHÍ E MAIS EU
CICLO MESTRE MATEO
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 98 minutos
- Numerada Si
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental CHICHÍ E MAIS EU, de NICO CAMPOS, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 17 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.
SINOPSE
Cando alguén morre, sempre quedan preguntas sen facer. Aquí percorremos a vida e a obra de Xesús “Chichi” Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. unha das figuras máis esquecidas da cultura galega, E que cando morreu, deixou a un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas, que trinta anos despois, responde neste documental.
FICHA TÉCNICA
● Interveñen (por orde de aparición): Mariqui Campos, Mary Campos, Paloma Campos, Tata Campos, Luís De Llano, Víctor Barús, María Ripoll, Xosé Díaz, Antón Mascato, Pepe Carreiro, Concha Lago, Jacobo Bermejo, Ángel Ezama, Suso Iglesias, Manuel Manquiña, Antonio qwDurán “Morris”, Ricardo Rodríguez, Piedad Cabo e Eric Campos
● Un documental de Nico Campos
● Guión: Nico Campos, Marcos Estebo, Ana Ponte
● Dirección de fotografía: Pablo Fontenla
● Produción executiva: Gaspar Broullón, Nico Campos
● Música: Óscar Avendaño
● Gravada e producida por: Paco Serén en Eclipsis Studios
● Interpretada por: Oscar Avendaño e Paco Serén
● Produción: Mónica Ares, Gaspar Broullón, Nico Campos
● Edición: Emilio Carral
● Cámaras: Gaspar Broullón, Pablo Fontenla, Álvaro Liste, Ángel Sousa
● Animacións e posprodución: Coral Piñeiro
● Duración: 98 min.
● Calificación por idades: Todos os públicos
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
• Finalista: Mellor Documental
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso