Cinco Minutos sen respirar

Teatro

Cinco Minutos sen respirar

ITACA Teatro

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez (ver mapa)
  • Duración 75 minutos
  • Numerada Si

A peza

Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo  Ott, que profunda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e as dualidades propias do mundo de hoxe.

Cinco minutos sen respirar, fala sobre a vida, os abusos bancarios, o amor, a explotación laboral, o suicidio, a familia, a violencia… e de tantas outras cousas, que non poden ser resumidas en cinco minutos.

 

Sinopse

A Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e refúxiase nun supermercado, non só preocupada polo seu despedimento, se non tamén fuxindo dunha relación  tormentosa que iremos coñecendo aos poucos entre decenas de citas literarias.

Víctor é supervisor do supermercado e coñeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambos os personaxes mergúllanse nunha conversación sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen permanecer atrapados na tenda.

 

 

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:
  • Adiado ata novo aviso.

Este evento foi adiado por motivos externos á organización e esta sendo reprogramado nestes momentos. En breve comunicarémoslle a nova data.

Desculpen as molestias!