Concerto de PÄRBO

Música

Concerto de PÄRBO

Begoña Riobó e Anxo Pintos

  • Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si

O Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, ten programado para o sábado 1 de outubro de 2022, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal, a actuación de PÄRBO, dúo formado por BEGOÑA RIOBÓ e ANXO PINTOS.

Begoña Riobó e Anxo Pintos, dous referentes da música tradicional galega que logo de traballar e colaborar de xeito ocasional en diversas formacións, deciden crear o dúo PÄRBO. Violín, arpa céltica e voz soa da man de Riobó, e zanfona e 2º violín, de Pintos. Ambos os dous cunha excelente traxectoria profesional que os precede como intérpretes, compositores, e formadores de innumerables músicos tanto en Galicia como no estranxeiro.

 

Begoña Riobó Estudiou Arpa Céltica con Rodrigo Romaní, violín clásico con Natalia Soltan e Armando Toledo, zanfona con Anxo Pintos e violín folk con Alfonso Franco e Jacky Molard. Licenciada en Historia da Arte, especializada nos itinerarios de música e arte contemporánea. É unha violinista de referencia no panorama folk gallego.

 

Anxo Pintos Músico e compositor. Toca a gaita, a zanfona, o violín, o saxo soprano e a frauta de bico. Compositor de numerosas pezas instrumentais, colaborou con numerosos músicos e grupos (Milladoiro, The Chieftains, Los Piratas, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Alfolíes, Wu Tong…)

 

ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, OU DIRECTAMENTE NO AUDITORIO O MESMO DÍA DO CONCERTO

Prezo:
  • Evento gratuito
Próximas sesións:

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!