Cine
As neves
CICLO MESTRE MATEO
- Lugar Auditorio Carmen Estévez C (ver mapa)
- Duración 83 minutos
- Numerada Si
O Ins&tuto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de
Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do
Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de
ficción AS NEVES, dirixida por SONIA MÉNDEZ, película gañadora, entre outros,
do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe de ficción. Deste xeito,
rematamos coas proxeccións correspondentes ao CICLO MESTRE MATEO-2025
que durante os úl&mos meses brindounos a oportunidade de poder disfrutar
das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII
PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta DÉCIMA proxección, e úl&ma deste Ciclo por este ano, terá lugar no
Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 9 de novembro de 2025, ás 20:00h.
A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web
www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba
SINOPSE
As Neves é unha vila de montaña onde todos se coñecen. Na noite de
Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa na que se drogan
con cogomelos por primeira vez. O día seguinte espertan cun temporal de
neve e coa no>cia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu.
Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é más
urxente atopala. Comeza unha inves>gación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co
mundo.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso